Preferente: Doble e excesiva derrota

Imaxe da Sarriana e o Fisterra indo ao descanso-Foto: SD Fisterra

Dúas derrotas colleitaron os nosos equipos de Preferente nesta fin de semana. Dúas inxustas derrotas, ademais. Resultado enganoso o que sufría o Fisterra en Sarria, pois ademais de conseguir empatar por dúas veces, o equipo fisterrán estivo metido no partido ata o desconto, que foi cando os locais ampliaron a vantaxe. Mentres, o Xallas fixo un gran partido en Boiro, indo moitos minutos por diante, e só caendo no treito final poo empurre dos da Barbanza.

Preferente, Grupo Ascenso Norte, xornada 2

Sarriana - Fisterra (5-2)

  • Fisterra: Buguy, Pablo Vigo, Cea, Breixo, Aarón Fdez., Aarón López, Estévez, Diego Cespón, Julián, Víctor Casais, Richi. Tamén: Iván Bouzón, Colombia, Lobelos, Vía e Andrés Vigo.
  • Goles: 1-0, m.27; 1-1, m.35: Diego Cespón de falta; 2-1, m.40; 2-2, m.49: Estévez; 3-2, m.50; 4-2, m.93; 5-2, m.95.

Custoulle entrar no partido ao cadro fisterrán e tivo que recibir o primeiro tanto, tras un doble erro na saída do balón e no corte defensivo para espertar. Peroo equipo conseguía repoñerse e era Diego Cespón o que conseguía a igualada con este fermoso gol de falta:

Pero antes do descanso, chegaba outro golazo dos locais desde desde moi lonxe por toda escuadra no que Buguy nada puido facer.

Tras o descanso o equipo de Juan Porrúa empataría cun fermoso taconazo de Estévez culminando unha boa xogada combinatiba. Non durou nada a alegría e un minuto despois, noutro erro defensivo, regalaban o 3-2.

Quedaba aínda máis de media e hora e o equipo foise arriba buscando o empate, tendo varias ocasións para conseguilo sen acerto. Meteu en problemas ao cadro local, pero cando máis embotellado o tiña, unha inxusta expulsión de Breixo mermaba as opcións fisterrás. Co equipo volcado, e xa no desconto o cadro local ampliaría a renda. “Molesta o 5-2 porque quen non veu o partido parece unha goleada, e non foi para nada iso”, explica Porrúa.

 

Grupo Permanencia D3, xornada 2

Boiro - Xallas (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Brais, Jose Eiza, Julito, Adán, Samuel, Jorge Colón, Xan Caridad, Stefan, Doro. Tamén: David, Adri Periscal, Caneda, Carlos Rieiro, Borja e Iván Calvo.
  • Goles: 0-1, m.23: Xan Caridad de penalti cometido sobre Stefan; 1-1, m,71; 2-1, m.81.

Escapóuselle o partido a un Xallas que foi moi superior durante os primeiros 45 minutos. Apenas chegaron un par de veces na primeira os locais Antes do gol de penalti, xa tiveran 3 mans a mans, 2 balóns que sacaron os locais Das mellores primeiras metades que fixeron este ano os de David González Na segunda saíu mellor Doro tivo o 2.0, pero salvou o porteiro. Pero a partir do m.15 os locais embotellaron parada de Couto, dous goles de rexeite tras centro lateral Na última xogada do partdo tivo Borja un man a man que salvou o meta local evitando o empate.