Preferente: O Sofán non falla en Portomarín, pero o Fisterra non pode co Mugardos

11 do Sofan en Portomarin

Tres puntos fundamentais os que veñen para o Carral os colleitados polo equipo de Pablo Torreira esta mañá dominical de Portomarín. O cadro carballés non fallaba ante un dos últimos clasificados e respira.

Onde segue sen chegar a primeira vitoria é en Ara Solis. Onte era o 4º clasificado o que non daba opcións aos de Fabián.

Portomarín - Sofán (1-3)

  • Sofán: Álex López, Noé, Gody, Alexandre, Taibo; Fabián, Dani Pena, Dani García, Pablo, Juanjo, Eibe. Tamén: Becerra, Fita, Canedo, Brais, Raúl e Bandera.
  • Goles: 0-1, m.12: Dani Pena; 0-2, m.27: Taibo de penalti; 0-3, m.45: Taibo; 1-3, m.77.

Complicado estaba o campo de Portomarín para xogar ao fútbol, pero a SD soubo adaptarse ás necesidades e pelexou moi ben os segundos balóns, con Dani Pena e Alexandre como xogadores máis perigosos. Sería Dani Pena quen poñería o 0-1 cruzando o balón ante o porteiro.
Corría a media hora cando o cadro de Torreira ampliaba a renda gracias a un penalti sufrido por Eibe e transformado por Taibo. e xusto ao fío do descanso, o propio Taibo remataba unha xogada de Dani Pena para facer o terceiro.

Non sufríu demasiado a SD na segunda, sabendo deixar pasar os minutos, e apenas sufrindo un tanto. Á contra puideron ampliar a renda os dous puntos ademais do xuvenil Raúl Pérez pero o marcador non se movería.

 

Fisterra - Gal. Mugardos (0-3)

  • Fisterra: Aarón Casais, Mauro, Lois, Breixo, Julito, Jano, Lobelos, Mario, Jonathan, Hibrahim, Ricardo Coria. Tamén: Ángel, Islam, Juan e Guille.
  • Goles: 0-1, m.30: Del Río; 0-2, m.83: Del Río; 0-3, m.90: Del Río.

Nada puido o equipo de Fabián ante un dos equipos da zona alta. Moita diferencia, se ben o cadro ferrolán non sentenciou o choque ante o m.83.

Saían os de Fabián tratando de desesperando aos visitantes, sen sufrir demasiado máis que un balón á madeira nada máis comezar. Tivo un par de saídas o cadro fisterrán que puideron abrir o marcador.

Á media hora, un tiro libre dos locais mal combinado, acababa nunha boa contra que remata en córner, no que se adianta o cadro local.

Saíron igual os fisterráns, defendendo ben, con algunha ocasión á contra, pero sen acerto. Tardou en sentenciar o equipo ferrolán ata os últimos 5 minutos, ante un Fisterra que pelexou moi ben ata o final.

 

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com