O Interrogatorio de Leis con… Serguei
O QUECEMENTO
Ao entrar nas instalacions de O Conco en Dumbría por primeira vez todo mundo queda impresionado. Biblioteca, sala de informática, Cafeteria amplia e pechada, ximnasio, pavillón, 8 vestiarios, 2 campos de fútbol, sala de spinnig, albergue etc… Todo iso require dun coidado e un mantenemento diario importante, e tamén unha organización seria e milimétrica, xa que nestas instalacións conviven a diario as categorías masculinas e femeninas do fútbol, volei e fútbol sala ademais de numerosos eventos que Dumbría acolle.
Para sacar todo iso adiante e neceserio é fundamental un traballo serio e responsable. Se falo de Segio Santamaria Canosa posiblemente a moi poucos lles soe o nome; se falo de Serguei, todos firmes!!!
Pois el (entre outros) leva moitos anos facendo que no Conco non falte detalle e podo dar fe de que realiza un traballo serio e profesional como poucos, traballo escuro pero que no funcionamento dos clubs e moi importante. Imos coñecelo un pouco máis.
O Partido
1ª PARTE
- Óscar Leis: Cal é o teu cometido no dia a dia das instalacións?
Moi boas. Pois o principal que todo o que ben explicas no párrafo anterior, é intentar que estea o máis perfecto posible. Sempre pode haber fallos, e de ser así correxilos... Trátase de moita cantidade de distintas actividades e servizos nunha mesma instalación, polo que previamente xa se realiza un traballo de organización e coordinación. E logo xa pois "in situ" estar pendiente de que todo se desenvolva correctamente.
- Ó.L.: Dende cando vés desenvolvendo este traballo?
Bueno, esta función en concreto pois desde que o Conco medrou, tanto na instalación así como nas súas actividades. Non recordo moi ben o ano da remodelación do edificio actual... xa sabes que son un desastre para as datas.
- Ó.L.: Se digo que O Conco é a túa segunda casa minto?
jajaja. Non mintes non!!! A xente xa sempre bromea dicíndome que só me falta durmir aquí. Venme claro de luns a domingo practicamente, festivos…
- Ó.L.: Chanclas e calcetíns en verán ou durante todo o ano?
Todo o ano, por suposto. Dá igual que sexa verán inverno… chanclas e calcetíns sempre! A temporada pasada veu un equipo da Coruña e o entrenador estaba falando conmudo e estaba seguido mirándome para os pés… E lle dixen: “non te preocupes que eu estou en chanclas así todo o ano”. E dime: “ya, hombre, pero es que está lloviendo”. E respondín: “Xa oh, pero aquí chove todos os días”.
- Ó.L.: O volume de movemento nas instalacións é brutal os 7 días da semana. Quen máis está contigo?
Si, e a verdade é que vai a máis... Non só no tema deportivo, ben sabes que as instalacións úsanse para moitas outras actividades e eventos culturáis por exemplo, así como para dar diferentes cursos, obradoiros etc. E aínda que eu sexa a cara máis visible alí, hai máis compañeir@s detrás e axudando no día a día... César Ferrío, que realmente é o auténtico director e artífice de todo o Deporte en Dumbría, pois é quen máis está conmigo, ten en conta que levamos casi 22 anos de compañeiros (el xa vai para 26)… pero tamén está o traballo diario e incansable de Elena tanto impartindo clases como na propia xestion da instalación.
Temos a Ana Casais á cabeza do grupo de traballo de Cultura, con Almudena, Natalia, Paula, e Yago... e non quero olvidarme do personal da cafetería agora con Lourdes e Ana e moit@s que xa pasaron, así como persoal de limpeza (indispensable), voluntarios, todos os adestradores de todas as disciplinas... E por suposto tamén Manuel López, que xa leva aquí desde tempos "inmemoriales".
- Ó.L.: Xogaches ao fútbol dende cativo que empezaches no Fisterra, pasando por Lira para rematar a túa carreira futbolística precisamente no Conco. Que tipo de xogador eras?
Buffff, esa pregunta é difícil de responder. Quizáis deberiamos preguntarlle aos distintos adestradores que tiven. Podo dicir que si era disciplinado e comprometido, tivese máis ou menos nivel futbolístico.
- Ó.L.: Ganaches 2 Copas da Costa, unha co Fisterra sendo xuvenil e outra co Dumbría, onde tamén ganaches a Liga da Costa. Que se sinte ao gañar a Copa?
Pois moita alegría a verdade, é unha competición clásica e tradicional aquí na Costa, onde sempre hai moita rivalidade e sobre todo moita afección e iso os xogadores o sinten e o trasladan logo no campo despois á hora de competir.
- Ó.L.: En Lira non ganaches ningún título, pero coñecendo aos meus veciños seguro que ganaches moitas outras cousas tan importantes ou máis que calquera trofeo. Como valoras o teu paso por Portocubelo?
Tres anos marabillosos en Lira e Portocubelo!!! Non gañei non ningún título, pero sempre fomos competitivos e estivemos na loita ata o final... Pero o que gañei foi o cariño total dun pobo e unha xente espectacular que a día de hoxe segue moi dentro de min, ese vínculo NON se romperá nunca. Só lles podo estar totalmente agradecido de que me fichasen sendo eu un rapaz e tratarme da maneira que o fixeron, fun un privilexiado.
- Ó.L.: Vouche dar un nome e gustaríame que o definiras para quen non tivo a sorte de conocelo: Pana?
Cómo te pasas... Non sei nin qué escribir porque me emociono e buahhh que situación. Pana foi para min como un padriño, te aseguro que me tratou como un príncipe, podería contar tanto do boa persona que foi que non acabaríamos. Só resumir que entre moitas cousas, me viña buscar a Fisterra e me levaba (e non 1 ou 2 días... 3 anos) ademais doutros directivos e colaboradores, durmín na súa casa unha noite de cea de equipo, sempre pendiente de min... ata o último día. Fxjate que ata aquí, no meu último partido no Lira xa recollendo no vestiario, apareceron unhas botas novas e espinilleras na miña mochila e eu dicindo: “eh que esto non é meu”. Escoito a Pana detrás miña: “Shhhhhh cala e tira”. Eterno Pana!!!
2ª Parte
- Ó.L.: Ademais de todo o que conleva o funcionamento das instalacións tamén es adestrador das categorías base do club. Daquel fútbol na túa etapa de xogador o actual que ves agora cada fin de semana no Conco que cambiou baixo o teu criterio?
O principal que agora hai moitísimas máis categorías de base. Antes empezabas a xogar ao fútbol en idade xuvenil practicamente, e na actualidade pois xa os biberóns con 4 anos. Naquela etapa no Conco e demáis campos da Costa pois o fin de semana había un partido de xuvenís e outro de sénior e agora pois desde prebenxamíns ata sénior e veteranos. E xa nos últimos anos tamén este xenial crecemento no fútbol feminino.
- Ó.L.: Levas moitos anos presente no funcionamento do club, polo tanto vivistes o inicio do proxecto das escolas deportivas e o seu avance. Pensabas que era posible o crecemento que tivo?
Pois non pensei que tería tanto crecemento e chegar ata onde o fixemos. Ti ben sabes como foi todo o proceso que tamén o palpastes desde o inicio. Jose López apostou por algo distinto e ambicioso para que os xogadores da Costa crecesen e tivesen a oportunidade de formarse mellor e competir a niveis superiores, o traballo dou os seus froitos e conseguiuse participar nas Ligas Galegas e Honra (cadete) durante moitos anos nas categorías infantil, cadete e xuvenil.
- Ó.L.: Nese comezo das Escolas Deportivas, espertou moitas criticas na zona, como valoras aquela situación?
No arranque e aínda ahora jajaja... Iso pois como que "sigue aí". Non en todos os clubs eh, tamén hai que dicilo, algúns sempre estiveron dispostos a colaborar. Eu entendo aos clubes en certo sentido porque bueno, ao final eles quedaban sen eses xogadores de máis nivel que nós fichábamos, pero é que para poder realizar este proxecto ou xuntábamos aos mellores rapaces da Costa ou mellor non empezar... José López, antes de chegar a Dumbría e ver que podía realizalo, xa o intentou ca unión de clubs a nivel comarcal, e todo foron trabas e localismos. Polo Conco pasaron (e pasan) equipos como o Depor, Celta, Compostela, Ourense, Racing de Ferrol, Lugo, Arousa, Coruxo etc… e a súa reacción falando conmigo era: "o que estades facendo aquí é incrible, ten un mérito enorme”. Pode que aquí pois se valore se algunha remata esta aventura.
- Ó.L.: A volta a suposta normalidade tras o Covid foi o momento máis complicado?
Si si, para min foi a peor época. Non disfrutaba nada, era frustrante e estresante... estar pendiente en todo momento de que se cumplisen as normas (que ademais cambiaban continuamente) cada día e con tantas actividades, realmente foi unha tarea moi complicada.
- Ó.L.: Se comenta pola Coru que en Dumbría te recibían na grada cun palo de escoba de 1.5m… vaia maneira de meter presión, non?
jajajaja. Agora nos rimos e queda en anécdota, pero é que eu son demasiado perfeccionista a veces e bueno, o pau ademais de intimidar e para que me fixesen caso pois valía para aquela distancia de seguridade de 1.5 metros.
- Ó.L.: En todo este tempo que levas no club que momento bo tes gardado na memoria e cal e o peor que recordas?
Pois bos teños moitos, non sabería dicirte cal máis ou menos porque gañáronse campionatos de Liga, Copas da Costa, ascensos... E non só no fútbol, tamén en voleibol!!! O peor, creo que coincidimos, foi cando Fabián tivo aquela caída. Afortunadamente pouco a pouco foi recuperándose e sigue ao pé do cañón.
- Ó.L.: Vamos acabar o partido ao grande. Douche outro nome como fixemos na 1ª parte: agora e o turno de Manolo López.
Alma Máter do CF Dumbría... Pouco máis se pode dicir de López que xa non se dixera. Simplemente destacar que este club empezou con el e non sería o que é sen el. Dedicación 100%. Ao marxe de destacar a súa indispensable labor no CF Dumbría e en Dumbría, os que o coñecemos e compartimos vida con el cada día, sabemos que como persona é TOP. De 10.
A Prórroga
- Ó.L.: Música e tenis son dúas das túas paixóns. Que estilo de música escoitas e con que tenista de todos os tempos te quedas?
Metal... algún nos vestiarios do Conco xa o comprobou jajajja. Realmente é a miña primeira e verdadeira pasión, logo sería o fútbol e deporte. Son un fanático, no bo sentido da palabra por suposto, e estou cada día escoitando e estudiando máis e máis a miña música. P
De tenis, quedo con Rafael Nadal, que sen ser o mellor tenista alcanzou todos os éxitos posibles. É o deportista de feito, co que máis me identifico, os seus valores.
- Ó.L.: Lenda ou verdade: “Recollede todo que se non Serguei…”
Certo, certo. Sei que son moi pesado con iso pero me gusta ter todo ben disposto e colocado, e creo que non costa moito se todos poñemos da nosa parte que así sea, pero hai que facelo. Pido disculpas tamén porque bueno, a veces perdo un pouco as formas á hora de "berrar”.
- Ó.L.: Fisterrán nacido no País Vasco, non eran os vascos os que nacian onde querían?
Jajajaja. Nacín alá si, pero por motivos laborais da miña familia. Pero son galego ao 100%, miña familia é galega e ademais como digo sempre: “no donde naces sino donde paces”.
- Ó.L.: Ao final vai ter razón E.G.C. que sempre di que che gusta levar a contraria…
Non, non…Ppero si que reconozco que ten facerse todo ao meu xeito!!!
- Ó.L.: Xa sei que me vas decir que como Fisterra non hai nada, pero Lariño é bonito ou non?
Lariño é precioso, e non o digo por ti nin pola túa prima jajaja, que todo tira está claro. Toda a Costa da Morte é espectacular, así o vemos tod@s seguro.
Penaltis
- Ó.L.: Dime os teus preferidos:
Aquí teño que matizar que optarei só por xogadores/adestradores cos que compartín campo e vestiario e que van quedar fóra moitísimos que deberían tamén estar... é moi difícil esta resposta. Intentarei ser o máis obxetivo posible se de nivel futbolístico falamos:
- 1º Un/ha porteir@: Mingos.
- 2º: Un/ha defensa: Avelino.
- 3º Un/ha centrocampista: César do Cabo.
- 4º: Un/ha dianteir@: Llanero.
- Un/ha adestrador/a: Floreal
O Interrogatorio de Leis
- O Interrogatorio de Leis con… Dora.
- O Interrogatorio de Leis con… Vítor Recarei.
- O interrogatorio de Leis con Silvia Cancela.
Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.