Preferente: Vitorión do Xallas noutra das súas finais

Imaxe do Santaballés-Xallas-Foto-Érica Currás

Estáselle facendo longa a tempada ao Fisterra de Juan Porrúa, mentres o Xallas se está a xogar a vida. Quedaban 5 finais para o cadro de David González, e a primeira salvouna con nota. Por mor dos arrastres de Sofán e Noia, teñen que quedar entre os dous primeiros, e para iso, para non depender de ninguén terán practicamente que gañar os 4 partidos que quedan. “O equipo está ben e imos ás Pontes a gañar”, valora o míster trala vitoria na casa do Santaballés.

Santaballés - Xallas (1-3)

  • Xallas: Iván Coutiño, Xan Caridad, Adan, Jose Eiza, Julito; Carlos Rieiro, Jorge Colón, Samu, Borja Gándara, Setfan, Doro. Tamén: David, Adri Periscal, Dani Barbeira, Alex Blanco e Iván Calvo.
  • Goles: 0-1, m.1: Stefan; 0-2, m.22: Doro fai un golazo en xogada individual; 0-3, m.50: Samu de cabeza; 1-3, m.88.

Foron os xalleiros superiores dende o primeiro minuto cando xa Stefan abría o marcador cun certero remate de cabeza. Pouco despois Doro deixaba o seu selo no campo vilalbés e nada máis comezar a segunda metade Samu, tras un córner facía a sentenza de cabeza.

O rival metíase arriba pero o Xallas soubo adaptarse ao xogo directo, facendo un choque moi serio, sen fisuras, e aproveitando as súas chegadas.

 

Fisterra - Montañeros (0-3)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Aarón Fdez., Breixo, Lobelos, Pablo Vigo; Cea, Aarón López, Richi, Julián, Casais e Adrián Makaay.
  • Goles: 0-1, m.11: de penalti; 0-2, m.55; 0-3, m.70.

Estase facendo longa a tempada ao cadro fisterrán. Xa cos deberes feitos parece a tónica do cadro verde nesta fase de ascenso. Onte competiron ben durante 70 minutos, pero a partir de aí decaeu o ritmo e os herculinos deron un paso adiante e sentenciaron con facilidade.

Pero a primeira metade foi “aceptable”, intentando ter o balón e creando problemas polas bandas. O rival apenas facía dano con balóns en longo do porteiro, pero un penalti servíalles para abrir o marcador.

Na segunda meteron ao cadro visitante na súa área pero unha contra mal defendida matou choque. “ Non queda outra que levantarse e buscar a primeira vitoria nesta fase de ascenso”, apunta Porrúa.

 

Novas relacionadas

Máis info