Sofán e Xallas campións das Ligas Xuvenil e Infantil
- Rematou a Liga Cadete co título para o UC. Cee

Moito en xogo esta mañá dominical, coa nova destacada do título de Liga Infantil para o Xallas FC. Os verdes venceron tamén na volta ante o Outes e álzanse co título.

Completa así esta serie de finais das ligas de base, tralo campionato do Sofán en Xuvenil. Así, o cadro sofanista fixolle un pasillo esta mañá dominical na despedida do equipo da 3ª RFEF:
Si que rematou a Liga Cadete, co título de liga para o UC. Cee xa dende hai varias xornadas.
Foi unha mañá con malos resultados para Volantes e Ponteceso na 1ª, complicándose a permanencia por culpa dos arrastres.
No #Futfem, varios partidos, cunha gran vitoria do Bergantiños, o pase do UC Cee nas eliminatorias de ascenso á 1ª Galicia, e a derrota do UD Cerqueda en Mos.
Ademais, xa tendes os cadros das #CopadaCosta Xuvenil, Cadete e Infantil, tamén en www.copadacosta.com.
Os Veteranos tamén disputaron a súa xornada ligueira, con aínda 4 para o final.
Máis info
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
- Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.