A Preferente xa ten competición

Xallas e Sofán xa teñen plan competicional para o comezo da Preferente express. O Sofán competirá no Grupo A, que comeza o 21 de marzo; mentres que o Xallas o fará no Gr. B, comezando o 28 de marzo. Tamén haberá xornada de competición o Xoves Santo e dous días máis entre semana. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia.
A competición rematará o 27 de xuño.

Os clubes terán que realizar un test covid cada 14 días.

Os dous primeiros clasificados na primeira fase de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso, arrastrando 3 puntos os 3 primeiros e 1 punto os 3 segundos. A Fase de Ascenso só se xogará unha volta enfrontándose só aos dos outros grupos. Os dous primeiros ascenden.

Fase da Copa do Rei

Un participante haberá desta Preferente na Copa, que se decidirá entre os terceiros clasificados.