Preferente: Xallas e Sofán volveron aos seus feudos
Xa está a Preferente a pleno rendemento co comezo do Gr.B, no que compite o Xallas. O cadro de David González debutana na casa, estreando o céspede artificial de Fontenla, e facíao ante todo un histórico, un Boiro que non pasou do empate no campo xalleiro.
Volvía tamén o Sofán ao Carral, e facíao nun ambiente festivo na súa Bombonera particular, que volveu ser fundamental para sumar os 3 puntos ante o Arteixo.
Xallas - Boiro (1-1)
- Xallas: Coke; Jacobo, Aitor, Loureiro, Erre, Doro, Borja Gándara, Alex Blanco, Jose Eizaguirre, Uxío, Andrés Vigo Tamén: Carlos Rieiro, Adrián López, Pablo Losada, Manu Romero, Adrián Pose, Alex Díaz e Adrián García.
- Goles: 1-0, m.60: Alex Blanco de penalti; 1-1, m.85.
- Sofán: Álex López; Añón, Becerra, Iriso, Viqueira; Juanjo (Iván Martínez), Eibe (Canedo), Fabián; Martín (Alexandre=, Raúl (Aye) e Vía Rápida (Paulo).
- Gol: 1-9, m.30: Martín dende fóra da área tras un balón ao pau de Raúl.
Partido de moito respecto no novo Fontenla, cunha primeira metade na que pesaron tantos días sen competición nos dous cadros. Non saían os pases, e durante os primeiros 45 minutos apenas houbo achegamentos
Cambiaron as tornas na segunda metade. Cos cambios os equipos conseguían ter máis profunidade. Nunha internada o colexiado sinalaba penalti que transformaría Alex Blanco. O gol empurrou aos visitantes cara a área de Coke, que foi salvando as embestidas ata que, a 5 do final, Borxa conseguía o empate, que sería definitivo.
Sofán - Arteixo (1-0)
Gran partido o vivido onte no Carral, ao que volvía un ano despois, e ante o mesmo que foi o último rival antes do parón pola pandemia. O campo rexistraba unha boa entrada.
Ritmo alto do equipo local dende o inicio que non tardou en achegarse a porta de Jesús, un dos ex sofanistas que volvia a que foi a súa casa. O Sofán queria facerse pronto co dominio do partido e empezou avisando con un roubo de Fabián que cede a Raúl e remata alto.
A SD estaba cómoda no campo ante un abafante calor e na seguinte acción e tras unha boa presión de Fabián, un auténtico pulmón, róuballe o balón a Isi, centra sobre Raúl que manda o balón ao poste, pero o seu rexeite cazao Martín que desde fóra da área arma un potente disparo e consigue o 1-0. Un ano despois de novo delirio no Carral.
O Arteixo intentábao con xogo directo sobre Taibo, a súa referencia en ataque, pero unhas veces a defensa, e outras Alex López, desbarataban os ataques do Arteixo.
Na segunda parte o equipo sofanista moveu o banquillo dando entrada a Aye, Paulo e Alexandre para intentar aumentar o resultado e Canedo para a contención. O árbitro expulsou a Paulo e con 10 homes o Sofán tirou de casta e ainda puido aumentar a renta nas botas de Raúl e Aye pero o resultado xa non se moveria.
Gran traballo dos locais que souperon xestionar a vantaxe para que os 3 puntos non se moveran da bombonera do Carral.