venres. 08.11.2024
El tiempo

Preferente: Xallas e Sofán volveron aos seus feudos

Xallas x1
O primeiro 11 do Xallas esta tempada. Foto: Cedida
Preferente: Xallas e Sofán volveron aos seus feudos

Xa está a Preferente a pleno rendemento co comezo do Gr.B, no que compite o Xallas. O cadro de David González debutana na casa, estreando o céspede artificial de Fontenla, e facíao ante todo un histórico, un Boiro que non pasou do empate no campo xalleiro.

Volvía tamén o Sofán ao Carral, e facíao nun ambiente festivo na súa Bombonera particular, que volveu ser fundamental para sumar os 3 puntos ante o Arteixo.

 

Xallas - Boiro (1-1)

  • Xallas: Coke; Jacobo, Aitor, Loureiro, Erre, Doro, Borja Gándara, Alex Blanco, Jose Eizaguirre, Uxío, Andrés Vigo Tamén: Carlos Rieiro, Adrián López, Pablo Losada, Manu Romero, Adrián Pose, Alex Díaz e Adrián García.
  • Goles: 1-0, m.60: Alex Blanco de penalti; 1-1, m.85.
  • Partido de moito respecto no novo Fontenla, cunha primeira metade na que pesaron tantos días sen competición nos dous cadros. Non saían os pases, e durante os primeiros 45 minutos apenas houbo achegamentos

    Cambiaron as tornas na segunda metade. Cos cambios os equipos conseguían ter máis profunidade. Nunha internada o colexiado sinalaba penalti que transformaría Alex Blanco. O gol empurrou aos visitantes cara a área de Coke, que foi salvando as embestidas ata que, a 5 do final, Borxa conseguía o empate, que sería definitivo.

     

    Sofán - Arteixo (1-0)

    11 do Sofan na segunda xornada no Carral

    • Sofán: Álex López; Añón, Becerra, Iriso, Viqueira; Juanjo (Iván Martínez), Eibe (Canedo), Fabián; Martín (Alexandre=, Raúl (Aye) e Vía Rápida (Paulo).
    • Gol: 1-9, m.30: Martín dende fóra da área tras un balón ao pau de Raúl.

    Sofan Arteixo no Carral

    Gran partido o vivido onte no Carral, ao que volvía un ano despois, e ante o mesmo que foi o último rival antes do parón pola pandemia. O campo rexistraba unha boa entrada.

    Ritmo alto do equipo local dende o inicio que non tardou en achegarse a porta de Jesús, un dos ex sofanistas que volvia a que foi a súa casa. O Sofán queria facerse pronto co dominio do partido e empezou avisando con un roubo de Fabián que cede a Raúl e remata alto.

    A SD estaba cómoda no campo ante un abafante calor e na seguinte acción e tras unha boa presión de Fabián, un auténtico pulmón, róuballe o balón a Isi, centra sobre Raúl que manda o balón ao poste, pero o seu rexeite cazao Martín que desde fóra da área arma un potente disparo e consigue o 1-0. Un ano despois de novo delirio no Carral.

    O Arteixo intentábao con xogo directo sobre Taibo, a súa referencia en ataque, pero unhas veces a defensa, e outras Alex López, desbarataban os ataques do Arteixo.

    Na segunda parte o equipo sofanista moveu o banquillo dando entrada a Aye, Paulo e Alexandre para intentar aumentar o resultado e Canedo para a contención. O árbitro expulsou a Paulo e con 10 homes o Sofán tirou de casta e ainda puido aumentar a renta nas botas de Raúl e Aye pero o resultado xa non se moveria.
    Gran traballo dos locais que souperon xestionar a vantaxe para que os 3 puntos non se moveran da bombonera do Carral.

     

    Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

    Crónicas da Preferente

    Comentarios