Un #BoxingDay para arrincar a #CopadaCosta 2016

Disputouse esta finde de semana de Nadal, en plan ‪#‎BoxingDay‬ inglés, unha algo incómoda elimitaria de ida dos Dezaseisavos da ‪#‎CopadaCosta‬ 2016!!

Moita igualdade pero xa hai equipos cun pé nos Oitavos, como o Xallas, o Corcubión e o Baio, que goleaban a Esteirana, Muxía e Carnota, respectivamente. O domingo tiña dúas citas especiais. No Carral o Sofán recibía a todo un Dumbría ao que despedía cun claro 3-0 que deixa aos de Canosa ao fío da eliminación. Ademais, en San Andrés, nun duelo no máis alto da ‪#‎LigadaCosta‬, o Zas pegaba primeiro cun 2-0 ante o Ponteceso.

Polo demais, teremos que agardar ata marzo para a volta. Antes, en breve, traeremos as crónicas.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).