Un #BoxingDay para arrincar a #CopadaCosta 2016

11:03 28/12/15

Disputouse esta finde de semana de Nadal, en plan #BoxingDay inglés, unha algo incómoda elimitaria de ida dos Dezaseisavos da #CopadaCosta 2016!!
Moita igualdade pero xa hai equipos cun pé nos Oitavos, como o Xallas, o Corcubión e o Baio, que goleaban a Esteirana, Muxía e Carnota, respectivamente. O domingo tiña dúas citas especiais. No Carral o Sofán recibía a todo un Dumbría ao que despedía cun claro 3-0 que deixa aos de Canosa ao fío da eliminación. Ademais, en San Andrés, nun duelo no máis alto da #LigadaCosta, o Zas pegaba primeiro cun 2-0 ante o Ponteceso.
Polo demais, teremos que agardar ata marzo para a volta. Antes, en breve, traeremos as crónicas.
Novas relacionadas
- Guillermo Parga: A forza despertará… mentres tanto Boas Festas.
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).