Veteranos: O balón comeza a rodar este domingo
29 de setembro de 2022 (07:13 h.)
Este domingo 2 de outubro bota andar a temporada nas Ligas de Veteranos. Se ben a 1ª División (só con 11 equipos) espera ao 16 de outubro, este domingo 2 comeza a División de Honra..
Unha D.H. na que os dous primeiros disputarán o Campionato Galego e os 3 últimos descenderán.
Ascenderán da 1ª 3 equipos, dous de xeito directo, e outros 2 saídos dunha promoción realizada entre os 4 seguintes.
As Ligas
- Calendario da División de Honra Veteranos en www.futboldacosta.com.
- Calendario da 1ª División de Veteranos en www.futboldacosta.com.