Veteranos: O San Lorenzo deixou fóra dos Cuartos da Copa ao campión da D.H., o Zas

O San Lorenzo, un dos grandes protagonistas dos Cuartos de Copa

Os resultados da volta Oitavos de final da Copa da Costa en Veteranos, que tendes en www.copadacosta.com, deixaron varias novidades.

San Lorenzo-Zas, o gran choque

Sen dúbida, O San Lorenzo-Zas era o partido da xornada, onde se enfrontaba o Campión de Liga Division de Honor e o terceiro clasificado. No partido de ida o San Lorenzo presentábase en Baio con moitas baixas, principalmente a do máximo goleador da Division de Honor, Edgar, que el só en liga marcou máis goles para o seu equipo que moitos equipos entre todos os xogadores. No partido o Zas contou na primeiro tempo con varias oportunidades de marcar, pero aí estaba o gran porteiro do San Lorenzo, Manu, que todo canto lle tiraban o paraba. Empezou marcando o Zas e se adiantou con dous goles, que parecía que sería suficientes para o pase a cuartos, pero un contragolpe o San Lorenzo na segunda parte marcaría un importante gol, que o Sp Zas o notou na súa moral. Seguiu atacando o Zas por mediación do mellor xogador da Liga, Braulio, que fixo todo o posible para marcar máis goles, pero se encontrou con Manu, que foi a figura do San Lorenzo polas súas paradas e máis Roberto, o central incansable en todo partido, estando sempre o corte e pendiente de Braulio.

O resto de partidos

O San Román pasou a cuartos de final despois de vencer o Malpica no partido de ida polo resultado de 1- 6, e empatando no Municipal de A Laracha.

O Coristanco gañou este domingo na Rocheira por 1-0 ao Corcoesto, nun partido moi disputado e igualado. Ese gol dalle o pase o Coristanco, xa que o partido de ida finalizara 2-2.

Nantón e Cabana remataron con idéntico resultados os dous partidos (2-1 e 1-2), e foi o Nantón o que pasou a Cuartos, un equipo descendido que dou a sorpresa, ao deixar fóra a todo un Cabana que nada pudo facer na eliminatoria debido a que o Nantón conta nas súas filas con un dos mellores dianteiros de este campeonato Luís Giancé. Aínda que na Liga non foi capaz de evitar que o seu equipo descendese a 1ª División, está a dar a sorpresa na Copa.

O Soneira demostrou nos dous partido ante o Corme a súa superioridade, nos partido de ida xogado no Municipal de Vimianzo gañara por 4-2 e no Cairo volveu facelo por un apretado 1-2. Aínda o Corme se puxo por diante no marcador, en todo momento o Soneira marcaba a diferencia entre un equipo de Division de Honor e o outro de 1ª Division.

O Mazaricos sacou a diante os dous partidos e gañando os dous o primeiro por dous a cero e este domingo no campo do Carral por dous a catro. Mazaricos un equipo novo que debuta esta temporada en Veteranos, sendo o Campeon de Liga na Primeira Division e pasando a cuartos de final en Copa.

Quizas a eliminatoria máis igualada de estos Oitavos foi este enfrontamento entre Ponteceso e Dumbría, dous equipos que remataron na Liga tamén moi igualados e que o sorteo os enfrontou. Máis igualada no puido estar, debido a que no partido de ida terminaron empatados a 1- 1 e este xogado no Campo do Pinguel finalizou co mesmo resultado. Foi a sorte dos penaltis a que decidiu o pase do Ponteceso, que marcou 4 polos 2 do Dumbría.

Cuartos de Final

Agora as eliminatorias de Cuartos son:

Campionato de Seleccións

Este venres 17 de maio celébrase no campo da Madroa (Vigo), o primeiro Campionato Galego de Seleccions Comarcais de Veteranos van a participar un total de seis seleccions: A Coruña-Ferrol, A Costa, Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo, cun sistema de competición por grupos (Grupo 1 e Grupo 2) e unhas eliminatorias posteriores as que accederán os dous primeiros clasificados de cada grupo.

Así, no Grupo 1 quedaron encadradas as seleccións da: Coruña-Ferrol, Santiago e Lugo, mentres que do Grupo 2 forman parte Pontevedra, Vigo e A Costa. Os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán directamente as semifinais (o primero do grupo 1 enfrontase ao segundo clasificado do Grupo 2 e o primeriro clasificado do grupo 2 se enfronta ao segundo grupo 1. Polo titulo autonómico loitaran finalmente os gañadores de cada semifinal.

O adestrador muxián Sergio Quintáns vén de realizar a seguinte convocatoria:

Novas relacionadas