Venres. 29.03.2024
El tiempo

DÚAS PROMOC

Veteranos: O Zas álzase co título de D.H. e o Mazaricos co de 1ª Division

Veteranos do Sporting Zas campion de Liga de Veteranos
Veteranos do Sporting Zas, campións de Liga de
Veteranos: O Zas álzase co título de D.H. e o Mazaricos co de 1ª Division

Non fallaron. Desta volta non fallaron. A semana pasada deixaban pasar unha gran ocasión en Castriz, pero desta volta, en Corcoesto, os Veteranos do Sporting Zas non perdoaron. Necesitaban vencer sabendo que o San Román estaba vencendo nas Redondas, e non fallaron vencendo 0-4 no campo das Bouzas, facendo valer así o golaveraxe individual entre os dous equipos.

Dous equipos que se clasifican para a Copa da Galicia xunto cun teceiro que sairá dunha promoción entre San Lorenzo, Soneira, Dumbría e Porteño.

Na parte baixa, descenden a 1ª División A Piña (18 puntos), Bértoa (17) e Nantón (11).

A Liga remata con Edgar (San Lorenzo), como máximo goleador, que aproveitou a xornada para marcar a cifra de 8 goles ao Nantón e adiantar, con 33, así a Braulio, que só marcou un 1 e queda en 30 tantos.

O Mazaricos, campión

Mazaricos campion da 1 de Veteranos

Na 1ª División, o Mazaricos xogábase o título na súa primeira temporada. O empate a 2 co Leilio válelle para asegurar o título, facendo valer de novo o golaveraxe individual ante un Razo que non fallaba ante o San Ramón.

Os dous equipos ascenden á máxima categoría, e farano acompañados por un terceiro equipo que sairá da promoción entre Corm, Malpica, Sofán e Leiloio.

Pedro Gundín, do Malpica, remata a Liga como pichichi con 36 goles.

Todas as Crónicas dos Veteranos

Comentarios