Vimianzo acolle as Finais Intercomarcais das LCFS

O EMF Vimianzo quedou campión do campionato costeiro na categoría Alevín

Se Santa Comba acolle este sábado as Finais do Fútbol Sala base de Galicia, Vimianzo fai o propio coa Fase Intercomarcal.

Os campións das Fases finais comarcais das LCFS en categoría Alevín e Benxamín celebradas o pasado mes en Corcubión, achéganse este sábado 21 de maio aos pavillóns de Vimianzo e Baíñas para vivir unha xornada de emocións.

Ás 16:00h comezan os partidos. O pavillón de Vimianzo acolle a semifinal Benxamín entre o EFM Vimianzo (campión comarcal) e o CF Noia. De seguido, ás 17:00h dispútase unha semifinal alevín entre o EFM Vimianzo e o EDM Negreira.
No pavillón de Baíñas, paralelamente se disputan as outras semifinais. Ás 16:00h, a cita Benxamín entre CPR Manuela Rial e ED Os Miúdos; e ás 17:00h a Alevíun entre ACD Rapacollóns e CF Outes.

As finais serán ás 19:00h a benxamín e ás 20:00h a alevín no pavillón de Vimianzo.

Novas relacionadas