Santa Comba será este domingo a capital galega do Fútbol Sala base

07:20 19/05/22
O pavillón municipal de Fontenla acolle as finais das Ligas Galegas desde ben cedo.
Unha ducia de equipos de todo o país achegaranse á capital xalleira para encher de deporte, e deixar algo de cartiños na hostalería, durante a xornada deste domingo 22 de maio.