Vimianzo e Corcubión triunfan nos Provinciais de Futsal
Fermoso peche de temporada para os equipos das escolas municipais de Corcubión e Vimianzo. Ambos disputaban as fases dos campionatos provinciais, conseguindo dous fantásticos triunfos, que culminan un curso inmaculado.
En categoría Benxamín, os EMF Concello de VImianzo quedaron campións arrasando ademais. Os de Paco veceron 7-1 ao EF Boimorto en semifinais e completaban a fin de semana vencendo 0-10 ao Cluny Santiago.
En paralelo, os membros do EFB Corcubión quedaron campións provinciais en categoría Infantil. A cita, celebrada no Polideportivo Municipal de Curtis, foi máis apretada, e os de Carlos Pazos venceron 0-1 ao anfitrión.
Tamén os prebenxamín do Corcubión pecharon a temporadaa acadando un meritorio 3º posto na Fase Provincial de Fútbol Sala celebrado en Miño.