luns. 15.06.2026
El tiempo

Vimianzo e Corcubión triunfan nos Provinciais de Futsal

Benxamins do EFM Vimianzo coas familias
Benxamíns do EFM Vimianzo coas familias celebrando o título provincial
Vimianzo e Corcubión triunfan nos Provinciais de Futsal

Fermoso peche de temporada para os equipos das escolas municipais de Corcubión e Vimianzo. Ambos disputaban as fases dos campionatos provinciais, conseguindo dous fantásticos triunfos, que culminan un curso inmaculado.

En categoría Benxamín, os EMF Concello de VImianzo quedaron campións arrasando ademais. Os de Paco veceron 7-1 ao EF Boimorto en semifinais e completaban a fin de semana vencendo 0-10 ao Cluny Santiago.

Benxamins do EFM Vimianzo
Benxamins do EFM Vimianzo
Infantis do EFB Corcubion campion da Provincia
Infantís do EFB Corcubión

En paralelo, os membros do EFB Corcubión quedaron campións provinciais en categoría Infantil. A cita, celebrada no Polideportivo Municipal de Curtis, foi máis apretada, e os de Carlos Pazos venceron 0-1 ao anfitrión.

Tamén os prebenxamín do Corcubión pecharon a temporadaa acadando un meritorio 3º posto na Fase Provincial de Fútbol Sala celebrado en Miño.

Prebenxamins do EFB Corcubion con Carlos
Prebenxamins do EFB Corcubion con Carlos

Comentarios