O Xallas e o Cee triunfan nas Copas da Costa de F8
Acollía o campo Vicente Carril a gran festa do fútbol 8. A fase final da Copa da Costa de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns convertía o campo camariñán nun auténtico fervedoiro de familias, nun evento moi ben armado pola RFGF e o Camariñas F.C.
Os grandes triunfadores foron Cee e Xallas. Os ceenses proclamáronse campións en categoría prebenxamín, mentres o Xallas fixo o propio en Benxamíns e doblemente en Alevíns.
Na final Alevín A, os xalleiros dirixidos por Luchy e Rupper venceron ao Dumbría dos Javi Lires por 2-1.
Houbo tamén final da Copa da Costa Alevín Gr.3, que enfrontaba ao Xallas B de Doro contra o Dumbría B dos Senra, deixando unha nova vitoria xalleira por 2-1.
En Benxamíns, metíanse na final a SD Sofán de Mario Casal e o Xallas de Iván García, e foron tamén os verdes os que se proclamaban campións na quedan de penaltis.
Xa nos máis peques, os Prebenxamíns, a finalísima enfrontaba ao Cee de Francesc cos Miúdos de Manu Martínez. Os ceenses venceron por un apretado 2-1.