O Xallas completa unhas poderosas semifinais da Copa da Costa

Muxia-Xallas na Copa

Inxusto final de temporada para este Muxía. No Conco tivo que xogar os seus últimos partidos por mor da coincidencia entre competicións, o que lle obrigou a disputar a Copa en horario nocturno entre semana fóra do seu feudo.

Non puido con todo un Xallas, que completa un cadro espectacular de semifinais, cun Sofán-Sofán e un Baio-Dumbría.

Muxía - Xallas (1-3)

  • Muxía: Joselu, Anxo, Michael, Congui, Gusa, Alex, Iago Muíño, Isma Márquez, Kevin, Mauro, Fran Moreira. Tamén: Ángel, Javi Vilela, Manu Nogueira, Darío e Xan Nogueira.
  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Xan Caridad, Samuel, Colón, Doro, Capelo, Carlos Rieiro e Juan de Celia. Tamén: Íker, Diego, Becerra, Sergio Barbeira e Angel Cuns.
  • Goles: 0-1, m.8: Xan Caridad; 0-2, m.20: Juan de Celia; 0-3, m.60: Capelo aproveita un fermoso pase atrás de Juan de Celia; 1-3, m.70: Manu Nogueira.

Con grandes baixas chegaba o Muxía ao seu exilio. Saíron moi enchufados os xalleiros, que se meteron 0-2 moi pronto e non sufriron na primeira metsade.

A segunda metade foi un ida e volta, moito máis igualado. Co fermosísimo 0-3 (un pase atrás de Juan de Celia para Capelo dos que non se soen ver nestas categorías) parecía que o partido morría, pero un gran tanto de Manu Nogueira deixaba o partido algo aberto. Así e todo, o partido iría morrendo.

Os muxiáns protestaron a actuación arbitral, sendo expulsados o adestrador Diego Lobelos e Ángel Esperante estando no banco na primeira metade; e Michael Vilela no ecuador da segunda metade xa tamén no banco.

Os xalleiros pensan xa no Sofán, pero sofren varias lesións pequenas musculares de Doro e Diego.

Curioso o feito de que o último partido dos Leis e Lobelos co cadro muxián deuse no Conco….