Laxe convoca a todo o seu tecido comercial para vestirse de loito contra as violencias machistas

Laxe volverá vestirse de loito, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia de xénero e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Dende o Concello, consideran que os comercios e establecimentos hostaleiros son os auténticos escaparates da vila, e son todos eles os que teñen que levar á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Laxe libre de violencias machistas.

Por iso invitan a todxs xs empresarixs da vila a vestir de negro do 19 ao 25 de novembro, a súa tenda, bar, comercio, posto do mercado… os manequíns, os manteis do restaurante e os propios profesionais poderán enviar unha clara mensaxe a toda a poboación.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-comercio-e-a-hostalaria-de-carballo-volven-ponerse-de-loito-polo-25n/

Novas relacionadas

““No momento no que tomas consciencia de que estás sendo vítima da violencia machista, a saída está en solicitar apoio”” — Que pasa na costa “Consternación e repulsa ante o asasinato de violencia de xénero de Canduas” — Que pasa na costa

Novas do ano pasado

“A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas” — Que pasa na costa “#8demarzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza ca nunca” — Que pasa na costa “Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?” — Que pasa na costa