Laxe convoca a todo o seu tecido comercial para vestirse de loito contra as violencias machistas

23:24 25/10/18

Laxe volverá vestirse de loito, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia de xénero e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Dende o Concello, consideran que os comercios e establecimentos hostaleiros son os auténticos escaparates da vila, e son todos eles os que teñen que levar á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Laxe libre de violencias machistas.
Por iso invitan a todxs xs empresarixs da vila a vestir de negro do 19 ao 25 de novembro, a súa tenda, bar, comercio, posto do mercado… os manequíns, os manteis do restaurante e os propios profesionais poderán enviar unha clara mensaxe a toda a poboación.