A Xunta arranxará o Centro de Saúde de Laxe "malia ser de titularidade local"

Non foi sen tempo. Máis dun ano de pingueiras para que a Xunta se faga cargo dos arranxos do Centro de Saúde de Laxe. A Xunta aseguraba o pasado venres nun comunicado que, "por responsabilidade cos veciños", faise cargo do acondiciomento do tellado do Centro de Saúde, malia considerar "que o recinto é de titularidade local e polo tanto debería ser responsabilidade do concello o facerse cargo das obras de arranxo dos desperfectos".

O que non informa a Consellería de Sanidade é que no último pleno do 10 de maio os 4 portavoces aprobaron por unanimidade unha moción de urxencia do BNG para pedir que a obra se leve a cabo de xeito urxente e nunha soa anualidade, non en 3 como recollía o orzamento da Xunta.

En todo caso, o comezo das obras terá lugar o vindeiro mes de xullo, suporá unha inversión de 60.000 € e o prazo de execución das mesmas rondará os 2 meses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notas de prensa da Xunta e do BNG de Laxe.