Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Centro de Saúde de Laxe ao Parlamento Galego e o problema cos áridos ao Valedor

O Centro de Saúde de Laxe ao Parlamento Galego e o problema cos áridos ao Valedor

Os problemas de goteiras e humidades do Centro de Saúde, o enésimo retraso nas obras da estrada Laxe-Braño e o estado semi-ruinoso das vivendas dos Colexios. Esas son as propostas que vai presentar o BNG de Laxe a través do deputado Carlos Aymerich, ao Parlamento Galego.
Aymerich achegouse a vila bergantiñá, acompañado polo Portavoz Municipal Xosé Manuel Pose, o Responsable Comarcal do BNG Xoán Sande, a Responsable Local do BNG de Laxe Xulia Mira e o Membro da Asamblea Local de Laxe Xoán Mouzo.

O BNG tamén reclamará no Parlamento Galego "as respostas que a Xunta do PP aínda non deu sobre a retirada do local na Casa do Mar á Asociación de Discapacitados O Peñón, edificio que segue sen ser revertido á Confraría, a denegación dun paso de peóns en Castrelo o cambio do horario do servizo de pediatría, o prezo abusivo das tarifas de Portos ás terrazas na súa zona de adscripción ou as sancións realizadas ás terrazas da Rúa Rosalía de Castro", temas todos eles presentados xa hai tempo polo BNG de Laxe no Parlamento Galego.

Os áridos ao Valedor

E a problemática máis mediática de Laxe non decae. Se ben o alcalde laxense puxo no tellado da Xunta a solución ao problema cos áridos, o BNG laxense continúa nesa liña e visitou ao Valedor do Pobo, unha vez que considera que "a vía institucional está esgotada". Pose afirma que a única saída "é acodir Valedor como Organismo supra-institucional" a pesar das críticas que está recibindo nos últimos días por apoiar todas as medidas de recorte do goberno.

Pose considera que falamos dun "clarísimo caso de DELITO AMBIENTAL que encaixa perfectamente dentro das competencias que o propio Valedor tén polo que agardamos que este Ente esixa dunha vez por todas a Portos de Galiza a cumprir coa súa responsabilidade e executar a retirada de area e dunas da parte baixa do paseo marítimo e acometer as obras de reforma do dique e a construcción dun novo en Besugueira".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios