Aberto o prazo para un novo curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Laxe
A Escola de Tempo Libre Colaxe volve ofrecer unha nova edición do curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.
Esta formación permite adquirir a preparación necesaria para desenvolver actividades de ocio educativo e pode abrir oportunidades laborais en campamentos, programas de conciliación, actividades infantís e xuvenís, asociacións, entidades sociais e outras iniciativas do ámbito do tempo libre.
A formación desenvolverase en Colaxe, Laxe, durante o mes de xullo, en modalidade intensiva e semipresencial.
- Formación teórica: do 1 ao 31 de xullo de 2026
- Lugar: Colaxe, Laxe
- 110 horas presenciais e 90 horas online
- 150 horas de prácticas posteriores en entidades do ámbito do tempo libre
- Prezo: 285 €
- Prazas limitadas
Durante a formación presencial tamén se prevé realizar actividades prácticas, saídas didácticas e propostas no exterior.
Requisitos de acceso: ter 18 anos ou máis e contar co graduado escolar ou coa ESO.
A información do curso tamén está publicada na web oficial de Xuventude, e para reservar praza ou solicitar máis información podes contacatar nos 981 72 83 10 | 679 76 14 66 ou en etlcolaxe@gmail.com