venres. 05.06.2026
El tiempo

Aberto o prazo para un novo curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Laxe

Cartel curso monitores 2026 Colaxe
Aberto o prazo para un novo curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Laxe

A Escola de Tempo Libre Colaxe volve ofrecer unha nova edición do curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.

Esta formación permite adquirir a preparación necesaria para desenvolver actividades de ocio educativo e pode abrir oportunidades laborais en campamentos, programas de conciliación, actividades infantís e xuvenís, asociacións, entidades sociais e outras iniciativas do ámbito do tempo libre.

A formación desenvolverase en Colaxe, Laxe, durante o mes de xullo, en modalidade intensiva e semipresencial.

  •  Formación teórica: do 1 ao 31 de xullo de 2026
  •  Lugar: Colaxe, Laxe
  •  110 horas presenciais e 90 horas online
  •  150 horas de prácticas posteriores en entidades do ámbito do tempo libre
  •  Prezo: 285 €
  •  Prazas limitadas

Durante a formación presencial tamén se prevé realizar actividades prácticas, saídas didácticas e propostas no exterior.

Requisitos de acceso: ter 18 anos ou máis e contar co graduado escolar ou coa ESO.

A información do curso tamén está publicada na web oficial de Xuventude, e para reservar praza ou solicitar máis información podes contacatar nos 981 72 83 10 | 679 76 14 66 ou en etlcolaxe@gmail.com

Comentarios