Alex Bergantiños recibirá na Confraría o recoñecemento como Embaixador do Peixe e Marisco de Laxe

Antonio Devesa falando de Alex Bergantiños nas xornadas da Confraría de Laxe deste verán

Xa o pasado verán, a Confraría de Laxe incluía a Álex Bergantiños entre os 4 novos Embaixador@s dos Peixes e Mariscos de Laxe. Inmerso na reestruturación do club deportivista, o eterno capitán e agora membro da directiva non puido asistir á cita, pero como consumidor comprometido co noso mar e a nosa frota de baixura, comprometeuse a volver a Laxe.

A cita será este venres 3 de novembro (foi adiado o día 27), celebraráse o acto de entrega do recoñecemento de Embaixador. O secretario do pósito, Antonio Devesa, explicaba nas xornadas estivais que nun forum gastronómico celebrado na Coruña, Alex parou, preguntou varios restaurantes na Coruña, e uns días despois, un dos restauradores contoulle a Antonio que Bergantiños preguntara "se tiña peixe de Laxe, o mellor peixe do mundo". 

Previamente o acto Bergantiños visitará a lonxa de Laxe, e a continuación se desprazará ao campo de fútbol de Laxe, para estar cos nenos e nenas da S. D. Laxe.