Consternación en Laxe polo pasamento do seu ex alcalde José Manuel Mouzo Castiñeira

Jose Manuel Mouzo Castiñeira no despacho da alcaldía no Concello de Laxe en 2016

Tras 3 anos de loita contra o cancro (xa fora, de feito, operado sendo alcalde), falecía onte, aos 54 anos, José Manuel Mouzo Castiñeira. O que foi alcalde de Laxe dende 2015 e 2019 (despois de ser concelleiro de Protección Civil dende o 1999 e de Cultura de 2009 a 2015), e aínda portavoz do PSG-PSOE na corporación municipal, deixaba un regueiro de lamentos na vila.

Compañeiros de partido e mesmo da oposición lamentan hoxe nas redes sociais, como un home honesto e cun carácter sempre amable e de consenso. Así o lembran, sempre cun sorriso, os centos de persoas que montaron no seu autobús, pois foi condutor durante moitos anos, profesión que deixou ao incorporarse á alcaldía e á que non lle deu tempo a voltar.

En calquera caso, a automoción era unha das súas paxions. Todo o seu tempo libre dedicábao a restaurar coches e motos antiguos, tanto que na casa tiña case un taller. Un dos segredos que mellor lembran os seus familiares, é o espectacular belén que montaba, cada Nadal, no salón da súa casa, cos casas mecanizadas con movementos automatizados, luces e formas feito por el totalmente a man con materiais de uso común.

Hoxe domingo 16 de maio ás 14:00h tivo lugar un pleno extraordinario urxente referente a declaración de luto oficial polo pasamento de José Manuel Mouzo Casdtiñeira.

Novas relacionadas