Dous atrapados excarcerados tras caer por desnival en Laxe

Esta mañá de domingo, pasadas as 10:30h, rexistrábase un aparatoso accidente en laxe, na rúa Cova Grande. Un coche sufría unha saída de vía e caía por un desnivel dun metro aproximadamente batendo contra a esquina dunha vivenda e contra outro vehículo aparcado-.

Ante o aviso de que os dous pasaxeiros poderían estar atrapados, acodían ao lugar os Bombeiros de Carballo, os do GES Ponteceso, a ambulancia SVB Ponteceso con sanitarios do PAC, ambulancia SVB Carballo, Protección Civil de Laxe e Garda Civil de Tráfico.

A viaxeira que viaxaba no asento traseiro puido saír polo seu propio pé, pero debido á posición do vehículo, os Bombeiros de Carballo e os do GES de Ponteceso optaron por retirar o teito para facilitar a extracción das 2 persoas que ían nos asentos dianteiros.

As vítimas foron evacuadas conscientes os centros de referencia pola ambulancia de SVB, sen aparentes lesións de gravidade.