Un incendio urbano en Laxe afectou a 13 vivendas e provocou a evacuación de 35 persoas
Na tarde deste pasado sábado 31 de maio, arredor das 14:00h, saltaba a alarma por un incendio urbano en Laxe. O persoal do parque provincial de Bombeiros de Carballo e de Santa Combra desprazábanse para sufocar un incendio que afectou a un total de 13 vivendas de 3 edificios e que se propagou polos patios de luces a través de diferentes pisos.
Desaloxouse aos propietarios das 35 vivendas afectadas, que foron realoxados por parte do Concello de Laxe nun hotel. O persoal sanitario tivo que trasladar a unha persoa, o único ocupante da vivenda onde se orixinou o incendio, ao hospital de Cee por queimaduras leves nas mans.
Durante a madrugada deste domingo 1 de xuño tiveron que volver a desprazarase a Laxe os bombeiros dos parques provinciais de Carballo e Santa Comba, ademais do GES de Ponteceso, debido a unha reactivación do incendio.