Licitadas as obras para as dúas novas sendas peonís de Castrelo e Serantes
29 de abril de 2026 (07:21 h.)
Anunciadas en xaneiro de 2025, onte, a Xunta anunciaba a licitación das obras de dúas novas sendas peonís na estrada autonómica AC-433, no termo municipal de Laxe, que suporán un investimento total de 1,1M€ de fondos FEDER.
Construiranse dos tramos de sendas peonís que suman case 2 quilómetros. Un primeiro tramo de senda situado preto de Castrelo, no
punto quilométrico 10+493, que finalizará no inicio da senda existente en Serantes, no punto 11+075.
O segundo tramo permitirá a conexión entre Serantes e Finllido, discorrendo entre os puntos 11+731 e 12+427. Neste treito prevense dúas zonas de aparcamentos.
Estas sendas conectarán con outros itinerarios xa executados nesta estrada en Soesto e Serantes, conformando un itinerario continuo e
seguro entre Laxe, Serantes e Castrelo para os desprazamentos a pé da veciñanza.
As empresas terán de prazo ata o 25 de maio para presentar as súas ofertas e o prazo de execución das obras será de 12 meses.
Actuación