domingo. 09.02.2025
El tiempo

Dúas novas sendas peonís para Laxe

xunta Sendas Laxe7
Dúas novas sendas peonís para Laxe

Os concellos populares da comarca de Bergantiños seguen recibindo con gran alegría a axuda da Xunta para realizar sendas peonís que conecten os seus dispersos núcleos. 
Laxe, xunto con Coristanco e é Cabana, é un dos máis beneficiados de toda a Costa da Morte, con numerosas sendas realizadas nos últimos cursos. 

Hoxe, o Concello laxense vén de coñecer o proxecto para executar novas sendas peonís na estrada AC-433, cun investimento de preto de 940.000€.

O obxectivo é a execución de dous novos tramos de sendas peonís na estrada AC-433: un primeiro que parte do núcleo de Castrelo uníndose coa senda xa executada en Serantes; e un segundo, que enlaza este núcleo co de Laxe. Ambos suman unha lonxitude total de 1.903 metros.

Mapa senda Laxe Serantes

O primeiro tramo de senda situado preto de Castrelo, no punto quilométrico 10+494, que finalizará no inicio da senda existente en Cabanas, no punto 11+076.

O segundo tramo permitirá a conexión entre Cabanas e Finllido, discorrendo entre os puntos 11+731 e 12+428. Neste treito prevense dúas zonas de aparcamentos.

Con estas actuacións daráselle continuidade aos itinerarios executados entre os anos 2022 e 2023 na AC-433 en Soesto e Serantes, no municipio de Laxe, conformando así un itinerario continuo e seguro para os peóns.
 

A veciñanza afectada pode presentar alegacións ata 30 días despois da súa publicación no DOG (o 24 de xaneiro).

A previsión é aprobar o proxecto a mediados deste ano, para realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións, e licitar a execución da obra.

Máis novas

 

Comentarios