O BNG de Laxe pide o mantemento do Xuíz de Paz e agradece a cesión da Casa do Mar
06 de maio de 2013 (08:19 h.)
Finalmente a confraría de Malpica ofreceu a cesión da Casa do Mar ao Concello de Laxe. Unha boa nova para todos os grupos municipais, como nos conta o propio voceiro do BNG, Xosé Manuel Pose. Unha casa que estaba en desuso e que pode convertirse dar Sede ó inexistente Centro Socio-Cultural de Laxe e dar cobixo ás diversas asociacións do Concello sin sede estable.
Paralelamente, o grupo da oposición vén e presentar unha moción para solicitar á Xunta o mantemento do Xulgado de Paz de Laxe e o seu Rexistro Civil, pois o anteproxecto no que están a traballar contempla a súa desaparición no que semella un enésimo recorte do PP, considerámola tamén de vital importancia por seren ambos uns servizos básicos para toda a veciñanza de Laxe".
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.