Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Naufraxio de Laxe camiña cara a declaración como Festa de Interese Turístico Galego

O Naufraxio de Laxe camiña cara a declaración como Festa de Interese Turístico Galego
Unha escena do Naufraxio de Laxe captada da documental de Mandeo Records

Informe hoxe a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, que ten remitido o expediente á Axencia Turismo de Galicia para analizar a petición de declarar o Naufraxio de Laxe como Festa de Interese Turístico Galego.

Unha festa con máis de 50 de historia (dende 1962), e vaia historia ademais, que se celebra cada 17 de agosto na vila bergantiñá. Unha festa que supón un importante atractivo turístico non só para o municipio, senón para o resto da comarca. Unha data que se uniría ás 8 festas declaradas de Interese Turístico da Costa da Morte.

Así o anunciaba trala visita do edil do PP laxense Ambrosio Oróns, apuntando que esta declaración constitúe ademais un recoñecemento especial ao evento festivo, o que supón que acada unha difusión que trascende os ámbitos territoriais propios e contribúe á promoción de todos os recursos turísticos da área na que se sitúa.

O Naufraxio nunha documental

I é que só compre ver a emotiva documental de Mandeo Records sobre o Naufraxio para decatarse da súa importancia na zona. Un dos culpables é Avelino, un dos protagonistas tamén da documental facendo do mariñeiro que vai tódolos días ao mar ata un día no que non regresa. Avelino veu como facían un acto semellante no Perú e o trouxo para súa vila natal.

O obxectivo fundamental é o de dignificar a profesión de mariñeiro, destacando o orgullo de pertencer a unha profesión vencellada ó mar, facendo ao mesmo tempo unha homenaxe a todos eses mariñeiros que un bo día non puideron regresar. E sen máis, aquí vos deixamos coa documental, que é capaz de trasladar a potencia desta simbólica festa:

Naufraxio - Mandeo Records from Mandeo Records on Vimeo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios