Atopan sen vida un percebeiro que caeu ao mar en Laxe

Esta mañá de forte oleaxe, saltaba a alarma pola caída ao mar dun percebeiro na Punta Insua, a altura da Pedra do Boi, en Laxe. Foi un membro da Confraría de Laxe quen contactou co 112 Galicia para solicitar medios de rescate, pasadas as 11:00 horas. Emerxencias mobilizaba un completo operativo de rescate, con medios aéreos e mariños de Salvamento e Gardacostas, e a colaboración da Policia Local, Garda Civil, Protección Civil, ademais da Cruz Vermella de Laxe e de Camariñas.

O corpo sen vida do home foi atopado por unha embarcación de baixura no medio da ría arredor das 13:00h.
Segundo nos informan fontes achegadas, o finado é "Paco de Tinolo", grandísimo futbolista da familia dos Tinolo de Laxe, que xogou na súa época dorada no Bergantiños, e tamén no Xallas.

O Concello de Laxe convocou un pleno extraordinario esta noite para declarar 2 días de loito.


Paco, á esquerda, cos seus irmáns, os Tinolos, nunha foto histórica no SD Laxe. Foto: Libro "Mar de Paixón"



Espectación no Faro da Insua. Fotos de Vítor de Mira