Os recortes deixan sen cuberta aos nenos do CPI Cabo da Area
07 de decembro de 2015 (07:11 h.)
Chegan as eleccións e moitos xa non lembran os recortes en educación e sanidade do actual goberno estatal. Os que saben do que se trata son os membros da ANPA Cabo da Area, do Centro de ensino público CPI Cabo da Area de Laxe. Teñen moitas demandas así enviaron esta carta á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para pedir que se realicen canto antes.
- No edificio de Educación Secundaria do centro hai goteiras na aula de informática, no vestíbulo, no descanso das escaleiras que van ao segundo andar e no seu corredor.
- O patio de acceso ao edificio de Educación Secundaria está sen a cuberta desde que o curso pasado a levantara un temporal.
- Hai filtracións de auga no pavillón deportivo do centro.
- A cuberta e as baixantes de auga do patio cuberto de acceso ás aulas de Educación Infantil presentan un lamentable estado de deterioro debido a un forte proceso de corrosión.
Novas relacionadas
- Pais do CPI Cabo da Area protestan pola reagrupación dos alumnos de 5º de primaria.
- Importantes esixencias para o CPI Cabo da Area de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).