martes. 06.05.2025
El tiempo

Os recortes deixan sen cuberta aos nenos do CPI Cabo da Area

Os recortes deixan sen cuberta aos nenos do CPI Cabo da Area
Patio a secundaria sen cuberta no CPI Cabo da Area de Laxe Patio de secundaria sen cuberta no CPI Cabo da Area de Laxe

Chegan as eleccións e moitos xa non lembran os recortes en educación e sanidade do actual goberno estatal. Os que saben do que se trata son os membros da ANPA Cabo da Area, do Centro de ensino público CPI Cabo da Area de Laxe. Teñen moitas demandas así enviaron esta carta á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para pedir que se realicen canto antes.

  • No edificio de Educación Secundaria do centro hai goteiras na aula de informática, no vestíbulo, no descanso das escaleiras que van ao segundo andar e no seu corredor.
  • O patio de acceso ao edificio de Educación Secundaria está sen a cuberta desde que o curso pasado a levantara un temporal.
  • Hai filtracións de auga no pavillón deportivo do centro.
  • A cuberta e as baixantes de auga do patio cuberto de acceso ás aulas de Educación Infantil presentan un lamentable estado de deterioro debido a un forte proceso de corrosión.
Cuberta do patio infantil do CPI Cabo da Area de Laxe Cuberta do patio infantil do CPI Cabo da Area de Laxe

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios