Os piratas tomarán Laxe e Fisterra
Fin de semana de piratas na Costa da Morte. Fisterra e Laxe vivirán os seus encontros nos que os piratas serán protagonistas.
Festa do Longueirón e Encontro Pirata en Fisterra
A xornada do sábado será moi especial en Fisterra. A 31ª festa do Longueirón será amenizada co IX Encontro Pirata, que se desenvolverá ás 18:00h na praia da Ribeira.
En Laxe
A praza de Ramón Juega acollerá do venres 2 ao domingo 4 de agosto a 11ª edición do Mercado Pirata de Laxe.
O Concello volve a colaborar con Los Templarios Eventos, entidade organizadora desta proposta lúdica, co obxectivo de promover unha festividade que cada ano está máis consolidada entre a veciñanza.
Durante estes tres días o público asistente poderá gozar de postos de artesanía e alimentación, actuacións musicais e animación.
Na primeira xornada, o venres 2 de agosto, o horario será de 19:00 a 23:00 horas; mentres que o sábado e o domingo, 3 e 4 de agosto, será de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 23:00 horas.
Ademais, todas as noites, ás 22:30 horas, haberá un espectáculo de lume.