O Sentolo, a imaxe da campaña da centola da Lonxa de Laxe

O Sentolo xa loce na Lonxa

Comezou tan ben a campaña da centola 2021-2022 en Laxe, que a Confraría de Pescadores e o CPI Plurilingüe Cabo da Area se puxeron mans á obra para conseguir unha imaxe da mesma. Unha imaxe que sirva para darlle un impulso a comercialización da centola tendo en conta de que se trata de unha especie de unha gran importancia comercial para a lonxa.

Así o demostran os datos de venta no que vai de campaña, xa que dos 14.254 quilos de centola que se venderon nas lonxas da Costa da Morte, máis de 8.500 quilos foron na lonxa de Laxe.

O concurso xa ten debuxo gañador, e xa loce na lonxa, gracias á arte de Nazaret Álvarez Fernández, que fixo este “Sentolo”.

A entrega de premios realizarase coa presentación do “Proxecto de Promoción e Posta en Valor dos Produtos Pesqueiros da Lonxa de Laxe e da Cultura Mariñeira”.

Novas relacuionadas