Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Lonxas de Laxe e Muros venderon case 7.000 kg de centola na primeira semana

Venta centola LAXE
Así foi a semana na lonxa de Laxe
As Lonxas de Laxe e Muros venderon case 7.000 kg de centola na primeira semana

Abríase a veda da centola o pasado domingo, e as capturas están sendo máis que satisfactorias en portos como o de Laxe ou o de Muros.

Na Lonxa de Laxe venderon nada menos 2.240 kilos de centola, con precios que foron dende os 15 €, ata os 4 €. Unha cantidade máis que reseñable, das máis salientables da zona norte da comarca.

Máis aínda colleron en Muros. A Lonxa vendeu máis de 4.000kg, unha cifra espectacular para o muro muradán.

Se ben por Muros todos os barcos dos miños colleron o tope de captura, algúns patróns recoñecen que algunha centola aínda non estaba chea de todo, e tiveron que desbotar algunha. “Se cadra 15 días máis viríalle ben para estar completa”, sinalan.

Unha idea que propoñen tamén dende Fisterra. O patrón, Manolete, recoñece que a primeira semana houbo malas capturas para servir na Lonxa a restaurantes e a Carrefour. Puido ser por varias razóns, entre elas o tempo, pero se o luns si que se chegou aos 400kg, o venres non chegaron aos 200kg. En calquera caso, propón coller o formato da zona da Mariña, onde a campaña abre o 1 de decembro. “Agora é difícil vendela, polo que se a pescas, que fas con ela? métela na cetárea?” pregúntase o patrón.

Outras zonas como Camelle tampouco tiveron apenas capturas polo mal tempo, mentres que en Malpica apenas caeron 54 kg, pero porque son “capturas residuais porque proveñen das vetas e esa arte é máis destinada para pescar merluza e outros peixes que as centolas”. Os prezos, de 17,74 a 3 euros.

Novas sobre o mar

Comentarios