Sumerxíndonos no Mar de Laxe

Non podemos obviar as fotos que nos mandou hoxe o noso colaborador José Manuel Ojén. I é que esta serie do bravo mar de Laxe obríganos a facer unha parada, e degustalo. E o facemos a través das súas imaxes, estas fotos que veñen a ser unha constancia do cambio de tempo que sufrimos esta fin de semana.

As imaxes foron tomadas o xoves, aínda con bo tempo, con praia e todo, pero que remataba xa con amenazas. Onte non libramos da volta da chuvia, e dunha baixada drástica das temperaturas.
E segundo nos conta Meteogalicia, teremos mal tempo ata ben entrada a semana. Os pouco fiables pronósticos a medio prazo dan sol para mércores e venres, pero teremos que comprobalo, para ver se, dunha vez, podemos colgar os abrigos de inverno.

Sen máis, adicamos esta fin de semana, ao mar, ao mar de Laxe.

  • Fotos do mar de Laxe de José Manuel Ojén.

Máis información

Outros artigos de José Manuel Ojén

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
.