Sumerxíndonos no Mar de Laxe
Non podemos obviar as fotos que nos mandou hoxe o noso colaborador José Manuel Ojén. I é que esta serie do bravo mar de Laxe obríganos a facer unha parada, e degustalo. E o facemos a través das súas imaxes, estas fotos que veñen a ser unha constancia do cambio de tempo que sufrimos esta fin de semana.
As imaxes foron tomadas o xoves, aínda con bo tempo, con praia e todo, pero que remataba xa con amenazas. Onte non libramos da volta da chuvia, e dunha baixada drástica das temperaturas.
E segundo nos conta Meteogalicia, teremos mal tempo ata ben entrada a semana. Os pouco fiables pronósticos a medio prazo dan sol para mércores e venres, pero teremos que comprobalo, para ver se, dunha vez, podemos colgar os abrigos de inverno.
Sen máis, adicamos esta fin de semana, ao mar, ao mar de Laxe.
- Fotos do mar de Laxe de José Manuel Ojén.
Máis información
Outros artigos de José Manuel Ojén
- A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe: 12 anos eliminando barreiras.
- Unha viaxe musical no Tren da Unha.
- A Ruta do Caolín.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).