Unha viaxe á paisaxe esquecida das nosas aldeas abandonadas

Aldea abandonada do Roncudo - Foto-Benquerenza

Moi interesante a serie que acaba de abrir a xente de Benquerenza para reintepretar a nosa paisaxe. Un proxecto que trata de divulgar os valores esquecidos, e os non tanto, da nosa bisbarra.

E un fenómeno tan propio como o noso mar xa é o que protagonizan as aldeas abandonadas. Hai un ano contabilizamos máis de 60 os lugares que esmorecen sen habitantes. E o proxecto Benquerenza parece que quere recuperar, alomenos no imaxinario, algúns destes espazos singulares.

Deste xeito, xa recuperaron no seu blog fantásticas entradas sobre a Aldea do Roncudo, en Ponteceso, e mais ao Apladoiro de Laxe.

Imaxe da Aldea do Roncudo - Foto-Benquerenza

Recuperan o valor do asubío hipnoizante dos ventos no Roncudo, só desacougado polo bronco son dos xigantes viraventos.

Explican do Apladoiro de Laxe, que está situado a escasos quilómetros da vila turística de Laxe, atópase este esquecido conxunto onde o mundo do imaxinario popular atlántico enrédase entre exemplos dunha arquitectura tradicional en vías de desaparición e outros elementos etnográficos. Doutros tempos aínda perdura algunha casa fidalga coa súa capela, “a dos marqueses” lle din, e de seguro que agocha máis dun capítulo interesante da historia local, aínda por escribir.

Non deixen de pasar por estes artigos As Aldeas do Esquecemento de Benquerenza.

Unha escea coa esquecida capela e varias casas do Aplazadoiro, en Laxe - Foto-Benquerenza

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).