Unha viaxe á paisaxe esquecida das nosas aldeas abandonadas


Moi interesante a serie que acaba de abrir a xente de Benquerenza para reintepretar a nosa paisaxe. Un proxecto que trata de divulgar os valores esquecidos, e os non tanto, da nosa bisbarra.
E un fenómeno tan propio como o noso mar xa é o que protagonizan as aldeas abandonadas. Hai un ano contabilizamos máis de 60 os lugares que esmorecen sen habitantes. E o proxecto Benquerenza parece que quere recuperar, alomenos no imaxinario, algúns destes espazos singulares.
Deste xeito, xa recuperaron no seu blog fantásticas entradas sobre a Aldea do Roncudo, en Ponteceso, e mais ao Apladoiro de Laxe.

Recuperan o valor do asubío hipnoizante dos ventos no Roncudo, só desacougado polo bronco son dos xigantes viraventos.
Explican do Apladoiro de Laxe, que está situado a escasos quilómetros da vila turística de Laxe, atópase este esquecido conxunto onde o mundo do imaxinario popular atlántico enrédase entre exemplos dunha arquitectura tradicional en vías de desaparición e outros elementos etnográficos. Doutros tempos aínda perdura algunha casa fidalga coa súa capela, “a dos marqueses” lle din, e de seguro que agocha máis dun capítulo interesante da historia local, aínda por escribir.
Non deixen de pasar por estes artigos As Aldeas do Esquecemento de Benquerenza.

Novas relacionadas
- Máis de 60 aldeas esmorecen abandonadas na Costa da Morte.
- Participando na creación do Catálogo da Paisaxe Galega.
- Maltratamos a paisaxe na Costa da Morte?.
- De viaxe polos humidais costeiros con Francisco Santiago López.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).