20 familias sen recursos de Malpica xa reciben axuda da Fundación de amigos de Galicia

Roupa, comida, xoguetes e material escolar son os artigos de primeira necesidade que as familias sen recursos máis demandan. Na Costa da Morte a realidade social faise cada vez máis complicada, e cada día son máis os veciños que se achegan ás entidades solidarias para pedir axuda. Hai pouco Cáritas aseguraba xa atender diariamente a 150 familias no sur bisbarra, e hoxe coñecemos que outra entidade, a Fundación de Amigos de Galicia arriba na zona.

De feito, a fundación vén de asinar un convenio de colaboración co Concello de Malpica. Un convenio que xa leva funcionando dende o pasado 19 de xullo, con repartos mensuales de alimentos de primeira necesidade, no comezo do curso añadese material escolar e no Nadal produtos típicos desas datas. Ademais tamén axudan nas demandas de emerxencia social.

Neste intre 20 familias estanse a beneficiar de dito convenio. E cada día son máis, como nos contan dende servizos sociais, que animan a aquelas persoas que de verdade o necesitan, que quiten a máscara a soliciten axuda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).