A Policía Local de Malpica de Bergantiños dispón dende onte dun novo vehículo especialmente preparado para o labor policial. O alcalde, Eduardo Parga; o concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico, Miguel Fernández, e o axente Daniel Vázquez Añón desprazáronse ata A Coruña para recoller o coche, un Citroën C4 Cactus, na Delegación Territorial da Xunta.
No acto de entrega dos novos vehículos policiais estiveron presentes o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a delegada territorial, Belén Do Campo.