![policia-local-malpica]()
A
Policía Local de Malpica de Bergantiños dispón dende onte dun novo vehículo especialmente preparado para o labor policial. O alcalde,
Eduardo Parga; o concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico,
Miguel Fernández, e o axente
Daniel Vázquez Añón desprazáronse ata A Coruña para recoller o coche, un Citroën C4 Cactus, na Delegación Territorial da Xunta.
No acto de entrega dos novos vehículos policiais estiveron presentes o vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda, e a delegada territorial,
Belén Do Campo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Concello de Malpica