A Xunta omite o retraso de máis dun ano na posta en marcha da Escola Infantil de Malpica
Nunca minte a hemeroteca. Son outros os que esquivan recoñecer retrasos en obras públicas. Así, onte enviaba a Xunta unha nota de prensa, co gallo da visita de Beatriz Mato, anunciando que Bienestar porá en marcha ao longo do próximo curso, 15/16, a primeira escola infantil pública de Malpica. O que esquece a adminstración é que a mesma nota de prensa era enviada aló por novembro de 2013, indicando que a gardería estaría en funcionamento no curso 14/15. Un curso de retraso para o que non hai razóns.
A escola, construída sobre os cimentos da escola de Aldeola, ofrecerá un total de 41 prazas de 0-3 anos. Coa posta en funcionamento deste servizo social, as prazas públicas da Rede autonómica A Galiña Azul na comarca de Bergantiños ascenderán a 401, máis do dobre das que había en 2009.
Novas relacionadas
- 21-07-14: Unha nova escola infantil en Malpica construída sobre os cementos da escola de Aldeola.
- 05-11-13: A Escola Infantil de Malpica estará o vindeiro curso en marcha.
- 17-06-13: Malpica terá a súa primeira Escola Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Xunta.