Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Malpica terá a súa primeira Escola Infantil

Malpica terá a súa primeira Escola Infantil
Imaxe-da-escola-infantil-da-Galina-Azul-de-Carballo

Vén de asinar o Concello de Malpica un convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, para a construción na localidade bergantiñá da primeira escola infantil pública. Un centro que ofertará un total de 41 prazas divididas en 3 unidades, para o que todavía non temos prazos de execución. I é que a partir de agora, unha vez asinado o convenio de colaboración co Concello, procederase á redacción do proxecto e á licitación das obras de construción, que comezarán este mesmo ano.

A conselleira Beatriz Mato indicou que a posta en funcionamento desta nova escola elevará ata as 369 as prazas de 0-3 anos na comarca de Bergantiños, un 12,5 por cento máis das que hai na actualidade. O investimento ascenderá a 400.000 euros e ao mantemento anual da infraestrutura destinaranse 185.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios