A AC Campal trae á mellor banda irlandesa de HardRock ao Balea Fest
Non para a Asoc. Cultural Campal (tomando o nome da marabillosa expresión endémica malpicá de cando algo é mellor que fantástico) que xa ten o foco posto na gran cita do verán. A entidade, comprometida coa lingua, coas tradición e co R&R, avanza na organización da 5ª edición do Balea Fest, unha cita que enherá o peirao malpicán de candela da boa.
Xa teñen 4 bandas e unha sesión picadiscos confirmadas, cun cabeza de cartel de renome, como son os Screaming Eagles, “a millor banda irlandesa de Hard rock”,
A carpa que se ubicará no “travelift” acollerá tamén a actuación dos divertidos arteixáns dos Revenidos, a banda coruñesa de covers míticas do rock internacional Debarrio, e Mangat.
Ademais, Eme DJ estará pinchando discos para rematar a festa.
Máis actividades
A entidade ten tamén en marcha outras actividades culturais, como a visita de Arturo Lezcano ou a festa da Sardiña, das que xa falaremos.