Arrincaron as obras da travesía da Camuza, en Malpica
30 de xaneiro de 2017 (03:55 h.)
A empresa López Cao comezou xa esta pasada semana as obras da travesía da Camuza. Unhas obras que permitirán seguir mellorando a circulación e a seguridade viaria nesa zona tan transitada. O investimento acada os 43.681 euros, que son financiados con cargo ao POS 2016,
Dentro deste mesmo plan tamén están en execución as obras de conservación e mantemento do firme en Escras (Cambre) e Mens-Oratorio-Badarra (Mens). Os traballos contan cun orzamento de 38.998,30 euros e son executados pola empresa Construcciones López Cao. O POS 2016 permite acometer proxectos de mellora da rede viaria por preto de 110.000 euros.
Fonte
- Concello de Malpica.